Esta acolledora casa de aldea resultante dun edificio do século XIX, de construción tradicional en pedra, foi restaurada respectando a esencia das súas orixes e conxugando tradición e modernidade para facer o máis cómoda posible a estancia do viaxeiro. Por iso a casa conta con piscina climatizada e unha extensa zona axardinada de máis de 10.000 metros cadrados para gozo dos visitantes, ademais dunha completa biblioteca para os amantes da lectura e o descanso sosegado.

Cada dormitorio da casa conta con todos os servizos básicos e unha decoración que os individualiza de xeito singular. E nela atoparemos a distribución típica das casas de aldea, nas que a vida xiraba ao redor dun gran salón con lareira na que a brasa perdura día e noite enchendo de calidez o ambiente.

Para os viaxeiros desexosos de vivir a natureza en plenitude, desde a propia casa prográmanse rutas e excursións e outras actividades de ocio activo que conxugan cultura, natureza e deporte., pesca con cana e submariña, sendeirismo, paseos a cabalo, etc.

casa antiga de mosende turismo rural
Mosende de Arriba, Lago 15552 Valdoviño Tel. 34 981 48 61 31 / 981 48 70 76 Fax 34 981 48 61 31 aviso legal
Ir a Casa Antiga de Mosende